CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O colexio Pablo VI-Fátima da Rúa comeza o novo curso centrado na “sinxeleza”

 

“A sinxeleza faranos grandes”. Este é o lema sobre o que xirará o curso 2023/2024 no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa.

Un curso que comezaba na mañá deste luns 11 de setembro para un total de 532 alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato no concello da Rúa, segundo os datos da Consellería. No caso do Pablo VI-Fátima neste primeiro día entraban e dúas fases.

Os primeiros eran os da ESO e Bacharelato, que accedían ata o Salón de Actos onde os esperaba o director José Manuel Fernández de Abajo para darlles a benvida e nomeara a cada alumno para, acompañados polos titores subir ás respectivas aulas. Uns minutos despois facíano os de Infantil e Primaria seguindo o mesmo esquema e finalmente reuníase todo o centro no Salón de Actos para dar inicio de forma oficial ao curso.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button