CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa inaugura a súa “pequehorta” urbana

 

Na xornada deste martes 15 de outubro inaugurábase oficialmente a “Pequehorta de Pablo VI”, un espazo único situado á entrada do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, onde os nenos de Infantil serán os protagonistas e coidadores do seu propio horto. Trátase dun proxecto que ten como obxectivo “achegar aos máis pequenos ao mundo da agricultura e a sustentabilidade”, tal como explican dende o centro, e que lles permitirá aprender de primeira man sobre o coidado das plantas, os ciclos da natureza e a importancia dunha alimentación saudable.

 

 

O proxecto do horto urbano está coordinado de forma conxunta por Ruagua e as profesoras de Infantil do centro, contando asemade coa colaboración de entidades como Cotec, Ikea, Viaqua e a Deputación de Ourense, quen “contribuíu ao desenvolvemento e equipamento deste espazo que pretende ser nun referente de aprendizaxe sostible na zona”. Para Gloria Chimeno, profesora de Infantil e artífice do proxecto, “o horto non só será un espazo para plantar e cultivar senón tamén para sementar valores como o respecto polo medioambiente, o traballo en equipo e o amor pola natureza”.

 

 

Con esta iniciativa o Colexio Pablo VI-Fátima “reforza o seu compromiso educativo, integrando a aprendizaxe práctica e promovendo a conciencia ecolóxica desde idades temperás”.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button