CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O colexio Pablo VI-Fátima da Rúa incorpora novo material dixital ás aulas

Grazas a unha subvención dos fondos Next Generation para novas técnoloxías vén de conseguir catro pantallas interactivas e catro proxectores

 

No colexio Pablo VI-Fátima da Rúa levan tempo apostando polo uso das novas tecnoloxías, de feito teñen en marcha o seu proxecto dixital e agora, dan un paso máis incorporando material novo ás aulas.

En concreto, trátase de catro pantallas interactivas de 65 pulgadas (unha para Infantil, dúas para Primaria e unha para Secundaria) e 4 proxectores e, tal como explica o Xefe de Estudos de Secundaria, Avelino García Ferradal, puderon mercalos grazas a unha subvención dos fondos Next Generation de 10.309 euros. Trátase dunha achega específicamente para estes aparellos, porque “había catro modalidades pero unicamente puidemos optar a esta, co fin de mellorar a parte dixital das aulas”, di García Ferradal.

Unha vez mercados e instalados os equipos, só queda utilizalos. No caso das pantallas xa están facendo uso delas tal como pode verse nestas imaxes.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button