En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco alza a voz para pedir que “a paz sexa unha realidade no mundo”

 

Na xélida mañá deste luns 30 de xaneiro os centros escolares celebraban por todo alto o Día da Paz. No caso do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, alumnado (dende os catro anos ata 4º da ESO) e profesorado protagonizaban unha colorida e animada concentración na praza do Concello, alzando a voz para pedir que “a paz sexa unha realidade no mundo”, renovando o seu compromiso para educar no respecto e a tolerancia.

 

 

Ondeando nas mans dos cativos, danderines de cor verde esperanza para reivindicar a natureza que foi pasto das chamas no gran incendio que Valdeorras sufriu o pasado verán e tamén as bandeiras elabroradas en tea e en diferentes linguas con mensaxes de amor e paz que máis tarde serían colgadas no centro.

 

 

Convidados polo centro asistían o alcalde do Barc o, Alfredo García, e máis a concelleira de Educación, Margarida Pizcueta, quen deu lectura a un texto no que abogou pola paz e o diálogo. Por parte do centro, foron dous alumnos os que leron o manifesto.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button