Nestes días pódese desfrutar dun auténtico espectáculo astronómico no ceo nocturno. Dende mediados de xullo pode observarse a simple vista o cometa C/2020 F3 (Neowise). Foi descuberto o pasado 27 de marzo polo telescopio espacial NEOWISE da NASA (do que llé ven o nome).
O fotógrafo valdeorrés Sindo Novoa tomaba imaxes deste cometa sobre a zona barquense de Xagoaza nesta fin de semana.