DeportesÚltima hora

O Complexo Deportivo de Monterrei, no Pereiro de Aguiar (Ourense), reabre as portas

O horario de apertura é de luns a domingo de 9 a 22 h. para as 4 pistas de tenis, 2 de pádel, pista de atletismo, 2 pistas polideportivas, aseos do edificio principal, aseos da pista de atletismo así como o resto de espazos o aire libre

Pista de tenis.

 

Seguindo o protocolo básico de actuación elaborado pola Xunta e que será plenamente vinculante sen prexuízo das normas que se publique por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia, na xornada deste martes 12 de maio, reabrías as súas portas o Complexo Deportivo de Monterrei.

Nesta primeira fase da desescalada o obxectivo é a recuperación dos adestramentos. A práctica deportiva será individual ou que se poida desenvolver por un máximo de dúas persoas no caso de modalidades así practicadas, sempre sen contacto físico mantendo as debidas medidas de seguridade e protección, e en todo caso a distancia social de seguridade de dous metros.

Segundo explican dende a Secretaría Xeral para o deporte, ao recinto poderá acceder calquera persoa que desexe realizar unha práctica deportiva, incluídos os deportistas de alto nivel, de alto rendemento, profesionais, federados, árbitros ou xuíces e persoal técnico federativo. Poderá acceder cos deportistas un adestrador no caso que resulte necesario, circunstancia que deberá acreditar debidamente. Poderase permitir un acompañente a deportistas con discapacidade ou menores que requiran a súa presenza.

 

Pista de atletismo.

 

O horario de apertura será de luns a domingo de 9 a 22 horas e os espazos dispoñibles serán as 4 pistas de tenis, 2 pistas de pádel, pista de atletismo, 2 pistas polideportivas, aseos do edificio principal, aseos da pista de atletismo así como o resto de espazos o aire libre. O tempo de utilización das instalacións será dunha duración máxima de dúas horas por quenda.

Para poder usar estas instalacións os usuarios deberán concertar cita telefónica de 9 a 12 no teléfono 629 576 393. Ademais deberán presentarse nas oficinas do Complexo Deportivo de Monterrei para o seu rexistro e verificación de horario e instalación, así como cumprimentar a ficha do Anexo I que se pode descargar na páxina web do Deporte Galego. Todos os usuarios deberán cumprir estritamente coas medidas de protección e seguridade establecidas polas normas vixentes e detalladas no protocolo básico de actuación.

No primeiro día de apertura, o Complexo Deportivo de Monterrei concertou un total de 13 citas: 3 para as pistas de atletismo, 6 para as pistas de tenis e 4 para as pistas de pádel.

Artigos relacionados

Back to top button