ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello adxudica a última fase da mellora do acceso a Santa Mariña

 

O Concello do Barco executará nos próximos meses o proxecto denominado “Mellora de Camiño a Santa Mariña, fase 5”, cun orzamento de licitación de preto de 75.000 euros. A mesa de contratación desta obra propuxo a adxudicación a empresa Acoval, que disporá de dous meses para súa execución. Con esta fase do proxecto, financiada parcialmente polo Agader dentro do “Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022″, termínanse as obras do
acceso á localidade de Santa Mariña.

As actuacións consistirán na mellora do pavimento do acceso ao núcleo mencionado e a mellora do su ancho. O camiño enlaza Santigoso e Santa Mariña, pasando tamén polas localidades de Cesures e Fervenza. En anteriores actuacións, reparouse parte do trazado deste camiño, así como o tramo que pasa polo núcleo de poboación, quedando unha pequena parte sen reparar.

Artigos relacionados

Back to top button