Concellos

O Concello do Barco investirá uns 196.000 euros en trece proxectos

Entre as obras, que levarán a cabo con cargo ás arcas municipais, destaca a cloración dos depósito de auga dos núcleos rurais e a adquisición dun solar no Castro
O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García. /Foto: Mónica G. Bellver.
O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García. /Foto: Mónica G. Bellver.

Na mañá do 5 de agosto, o alcalde do Barco Alfredo García, presentaba un paquete de trece obras que se levarán a cabo con cargo ás arcas municipales aproveitando o remanente de 1,3 millones de euros. “Nunca o gastamos todo”, dixo, asegurando que o total do investimento será de 196.282 euros.

As dúas principais obras segundo o alcalde, son a instalación de cloradores nos depósitos de auga de todos os núcleos rurais do concello, o que suporá un desembolso de 17.354 euros; e a adquisición dun solar no Castro (24.000 euros) que lles permitirá seguir coa restauración e posta en valor do entorno da Torre.

Ademais destas, o paquete de obras inclúe a mellora da capa de rodadura en varias rúas; a renovación de certas partes das cubertas no edificio multiusos e pavillón vello; ou a reparación do paseo peonil na Cerámica, entre outras pequenas obras.

Artigos relacionados

Back to top button