En Almendralejo, cidade extremeña irmanada co concello da Rúa, esperan xa a chegada da embaixada ruesa que tomará parte na 24ª edición do Salón del Vino y la Aceituna, IBEROVINAC 2025, que se inaugurará o vindeiro martes, día 25.
Unha feira internacional na que “o Concello da Rúa ten un estand propio en cada unha das súas edicións e, practicamente, desde o inicio da mesma”, indican dende Almendralejo, destacando que se trata dun posto que o municipio rués abre, ao tempo, á Denominación de Orixe Valdeorras á Ruta do Viño de Valdeorras, que teñen, grazas a iso, sitio propio no panel de expositores, co obxectivo de “darlle visibilidade neste encontro especializado, que se converteu nun clásico xa e unha cita case obrigada, aos tres signos de identidade rueses”.
Imaxes cedidas.