O Concello da Rúa lanza unha web específica para focalizar a campaña do Día da Muller Traballadora, centrado ese ano na muller no comercio local. “12 mulleres que rexentan distintos negocios hoxe en activo na Rúa e que representan aos centos de mulleres que teñen realizado esa función no noso Concello no pasado, no presente e tamén, estamos seguras, no futuro”, explican dende o ente local.
Tal como avanza a alcaldesa María G. Albert con esta campaña tratan de “complementar a homenaxe que na xornada de mañá sábado 9 de marzo terá no Centro Cultural Avenida coa celebración da Iª Gala Corona González na que catro mulleres recibirán ese primeiro galardón polo seu traballo ao longo das últimas décadas”.
Ademais, hoxe ás 12 horas haberá lectura de manifiestos na praza do Concello e ás 21h. representación da obra Feminíssimas no Centro Cultural Avenida ás 21:00h.
Tamén instalaron bancos morados distribuídos pola vila en lembranza deste día.