A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa manifesta a súa condea á invasión de Ucraína e expresa o seu apio ao pobo ucraíno

A moción, presentada polo Grupo Municipal Popular, era aprobaba no Pleno de marzo

 

Ao contrario do acontecido noutras sesións, con grandes desacordos entre o equipo de Goberno e a oposición, o celebrado na tarde-noite deste luns 7 de marzo foi o Pleno ordinario dos acordos con practicamente todos os puntos da orde do día aprobados por unanimidade.

Incluso houbo acordo para deixar sobre a mesa o principal punto, en torno ao plan de desenvolvemento da rúa Pireira. A idea do grupo de Goberno era votar as alegacións presentadas polos veciños, pero o voceiro socialista Luís Fernández asegura descoñecer a existencia de ditas alegacións, aínda que si figuraban na documentación do expediente. Ante a insistencia do socialista apoiada por un membro de RUA que asegura que tampouco recibira esa documentación, José Vicente Solarat propoñía deixar o punto sobre a mesa para poder explicar ben o tema, cuestión que votaron e aprobaron por unanimidade.

A partir de aí, sucendíanse as mocións. Tanto BNG como PSdeG-PSOE presentaron as súas sobre o día da muller e a igualdade de xénero, que eran aprobadas. No caso do Partido Socialista, poñía o acento na conciliación, propoñendo entre outros puntos “instar á Xunta a presentar no Parlamento de Galicia, no primeiro trimestre de 2022, a avaliación do Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2022; e cos resultados da avaliación dese primeiro plan, presentarse no segundo trimestre un novo para o período 2022-2025 con medidas concretas para este ano acompañadas do seu correspondente orzamento”.

 

Votación no Pleno de marzo no Concello da Rúa.

 

A do BNG pola súa banda, era unha moción de apoio ás mobilizacións feministas do 8 de marzo e demanda dos compromisos pendentes, “máis aló de anuncios propagandísticos”, dixo a portavoz nacionalista María G. Albert. Entre os puntos da moción aprobada (que incluíu unha enmenda do PP) están o de “expresar e recoñecer as convocatorias do feminismo galego autoorganizado que neste 2022 sinalan os compromisos pendentes e incumpridos por diferentes institucións e ámbitos de responsabilidade e colocan novamente no centro do debate político e social as consecuencias para as mulleres galegas do sistema económico, social e político, agravadas polo impacto da pandemia da covid-19, e expresar o compromiso desta corporación para traballar contribuíndo a superar esta situación”.

O último punto da orde do día era a moción presentada polo Grupo Municipal Popular para “condear a invasión de Ucraína por parte de Rusia e apoiar as accións do Goberno de España en colaboración cos aliados da OTAN e da UE, dirixidas a poñer fin a esta inxustificada e ilegal invasión dun estado democrático e soberano”. Nesa moción, entre outros puntos, o PP expresa o seu apoio e solidariedade a Ucraína e ao pobo ucraíno “que facemos extensivos aos máis de 112.034 mil ucraínos que residen no noso país, polo que solicitamos que o Goberno negocie canto antes en Bruxelas un plan de axuda humanitaria á poboación civil ucraína, así como un plan de continxencia para a acollida masiva de refuxiados que fuxan da guerra; e poñémonos ao dispor do Goberno de España, para colaborar -na medida das nosas competencias e recursos- na acollida dos cidadáns de Ucraína que están a abandonar o seu país”. A moción tamén saía adiante pero ante o rechazo do BNG a ao apartado belicista, “xa que non é a solución”, o voceiro popular e alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, accedía á votación por puntos. Así, os puntos 1, 2, 3 e 5 eran aprobados por unanimidade, mentres que o 4 contaba con 7 a favor (PP, PSOE e 1 do RUA), 3 en contra do BNG e 1 abstención do RUA.

Neste apartado, o alcalde informou da iniciativa dunha veciña da Rúa, Marta Sertaje Nogueira para facer chegar medicamentos a Ucraína. A planta baixa do Concello é un dos puntos de recollida habilitados.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

 

Artigos relacionados

Back to top button