CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Concello da Rúa pon en marcha o proxecto #ARTISTASDACASA

A idea é aunar e dar difusión aos veciños de Valdeorras con habilidades artísticas (de todo tipo) "para que tod@s poidamos disfrutal@s nun lugar común"

Imaxe do vídeo dun músico rues, Suso, convidando a participar na iniciativa.

 

“Dar difusión e poñer en común todo o talento da comarca de Valdeorras e, á súa vez, facer máis amena esta situación que estamos vivindo”. Con este obxectivo vén de poñerse en marcha dende o Concello da Rúa o proxecto #ARTISTASDACASA.

“O Concello de A Rúa crea esta comunidade (“Artistas da casa”) coa idea de aunar e dar difusión aos veciños e veciñas da Comarca de Valdeorras que teñen habilidades artísticas (de todo tipo) para que tod@s poidamos disfrutal@s nun lugar común (e nos axuden a pasar da mellor maneira posible estos momentos)”, tal e como explica a través das redes sociais esta administración local.

“Nestes días difíciles trátase de sacar o máximo posible de sorrisos e intentar levar o mellor posible este confinamento. Por iso anímovos a todos a que participedes”, di o artista rues Suso, no vídeo que inaugura o proxecto e que pode verse xa nas redes sociais.

 

 

“Sei de sobra que hai xente que sabe bailar, que sabe cantar, que sabe tocar instrumentos. É o único que tedes que facer é gravarvos un vídeo e subilo a facebook co hashtag Artistasdacasa e así poderemos ver o voso talento e desfrutar del”, prosegue Suso no vídeo, no que anima “a todos a participar”

Así, Artistasdacasa é unha comunidade na que, aqueles que queiran, poderán compartir contido para que tod@s podamos disfrutar e valorar aos artistas “da casa”, segundo o Concello rues. Ademais, de maneira paralela a esta comunidade, organizaránse outras actividades coa mesma finalidade.

Artigos relacionados

Back to top button