Á 12h. deste mércores 27 de maio traballadores e equipo de goberno do Concello da Rúa, gardaron un minuto de silencio, á entrada da Casa Consistorial, en memoria das vítimas do Covid-19.
O concello rues sumábase así a este acto de respecto convocado polo Goberno central ao que se tamén se unían institucións públicas e privadas de toda España.