ConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa suspende a actividade do Centro Cultural Avenida

O importe das entradas para o espectáculo humorístico previsto para mañá, será devolto

Fachada do Centro Cultural Avenida da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Despois de coñecer as restriccións de nivel 2 que afectan dende hoxe a toda a comarca de Valdeorras, dende o Concello da Rúa procedían a suspender a actividade no Centro Cultural Avenida “por prevención e co obxectivo de axudar a frear en todo o posible a propagación do Covid-19”. Polo tanto, esta fin de semana non haberá proxección de cine nin tampouco o espectáculo humorístico da Ourense ICC Week previsto para mañá. As entradas adquiridas serán devoltas.

As restriccións xerais que a poboación valdeorresa debera cumprir son:
• Limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería (onde ademais estará prohibido o consumo en barra), así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.
• Limitación das xuntanzas, tanto privadas como na vía pública, a un máximo de 10 persoas.
• Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Artigos relacionados

Back to top button