A VeigaConcellosÚltima hora

O Concello da Veiga decreta 2 días de loito oficial polo mozo falecido na praia dos Franceses

Imaxe do pleno extraordinario deste 12 de agosto na Veiga./ Foto cedida.

 

Nun pleno extraordinario e urxente celebrado esta mañá a Corporación da Veiga vén de decretar dous días de loito oficial no municipio “como testemuña da dor do municipio” o falecemento onte dun menor na praia dos Franceses. Tamén en sinal de “condolencia coa familia, amizades, veciñanza de todo o Concello, especialmente ao pobo de Seoane e todas persoas achegadas ao xoven falecido”.

Así dende as “13,00 h do día 12 de agosto de 2023 ata as 13,00 h do día 14 de agosto de 2023, s bandeiras nacional e autonómica ondearán na Casa do Concello e demáis edificios públicos a media asta”. Tamén se acordaba “suspender os actos festivos organizados polo Concello da Veiga durante os días 12 e 13 de Agosto de 2023 en sinal de respeto e condolencia polo tráxico suceso”.

A Corporación veiguesa tamén acordaba “agradecer o pésame recibido por este Concello da Veiga, dende a Xunta de Galicia, Deputación Provincial , Concellos e resto de Institucións públicas, pésame que se traslada a familia e achegados” do mozo falecido.

Artigos relacionados

Back to top button