OurenseÚltima hora

O Concello de Barbadás habilita unha rúa para os paseos e a práctica de deporte

A rúa Calzada Romana está pechada ao tráfico e os paseos do río serán abertos novamente pero cun sentido circular

 

Dende hoxe, sábado 2 de maio, o Concello de Barbadás habilita a rúa Calzada Romana, no tramo entre o campo de fútbol e o cruce do parque dos Patos, para os paseos e a práctica de deporte non profesional, pasando a ser de uso exclusivo de transeúntes e persoas que acudan a pasear e/ou correr.

Asemade, tal como explican dende o ente municipal, os paseos do río volverán abrirse para o uso peonil (por ambas marxes do río) “excepto o espazo verde que bordea a cafetería e o parque infantil do Parque dos Patos”. 

 

 

Dende a Ponte do parque en dirección Ourense pola marxe dereita, a circulación peonil será de un único sentido. Dende o límite con Ourense (túneis do Lidl) cara a entrada do parque na súa marxe dereita dirección a Barbadás, terá tamén único sentido. “Deste xeito (tal como aparece nos planos adxuntos) a circulación de corredores/as, transeúntes e persoas que paseen terá un sentido circular”, explican dende o Concello, adiantando que estas medidas son adoptadas “co asesoramento técnico de Policía Local e Protección Civil, para mellorar a seguridade das saídas da poboación na fase de desescalada tralo confinamento como consecuencia do Covid-19″.

Nas zonas afectadas colocarase cartelería na que se especifica que por motivos de seguridade e mentres dure o estado de alarma deberase utilizar os pasesos do río dos Muíños ou Barbañica en sentido circular e nunha única dirección.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button