OurenseÚltima hora

O Concello de Castrelo de Miño pon en funcionamento o catamarán como reclamo turístico cultural

O acto oficial de inauguración do inicio de desenvolvemento das actividades será este domingo 18 de xullo ás 13:30 horas

O alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, a presidenta do Club Náutico, Beatriz Alberte e o tenente alcalde José Antonio Ferreiro.

 

Na mañá deste venres 16 de xullo, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, a presidenta do Club Náutico, Beatriz Alberte e o tenente alcalde José Antonio Ferreiro, asinaban un convenio de colaboración para o uso do catamarán durante os meses de xullo, agosto e setembro como “embarcación en actividades turístico–culturais que poñan en valor o patrimonio do concello”.

Segundo este acordo, o catamarán sairá a navegar os días laborais cun mínimo de 5 persoas e baixo reserva previa. As fins de semana terá saída ás 12, ás 18 e ás 19:30 horas nos meses de xullo e agosto, e ás 12, ás 17 e ás 19 horas en setembro.

Este domingo 18 de xullo ás 13:30 horas no Parque Náutico de Galicia, realizarase o acto oficial de inauguración do inicio de desenvolvemento das actividades co catamarán.

 

Sinatura do convenio.

Artigos relacionados

Back to top button