ConcellosÚltima hora

O Concello de Larouco confirma 4 positivos por Covid-19

Exterior do Casa do Concello de Larouco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A situación da comarca de Valdeorras varía dirariamente en positivos por Covid-19. Uns concellos baixan en casos activos, outros suben… por iso “é moi importante seguir facendo todo o que nos piden as autoridades sanitarias”, asegura a través das redes sociais a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.

Na xornada deste domingo 1 de novembro, Día de Todos os Santos, ela mesma confirmaba que os positivos no concello de Larouco, por segundo día consecutivo, son 4. “Cando aparece un positivo con corentena domiciliaría temos que adoptar unha serie de protocolos dende o Concello, pero dificilmente podemos facelo se non sabemos de quen se trata”, comenta a alcaldesa, asegurando que ser positivo en Covid-19 “non é un delito, nin debería ser un segredo polo ben común”, abogando unha vez máis pola colaboración veciñal. “Recorda que se coidas de ti… coidas de todos”, conclúe.

Artigos relacionados

Back to top button