ConcellosÚltima hora

O Concello de Manzaneda amosa a súa disposición a acoller migrantes do Aquarius

O alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ante a petición remitida dende a Federación de Municipios e Provincias (FEMP) aos concellos españois solicitando cooperación na acollida dos migrantes do barco Aquarius, o Concello de Manzaneda vén de respostar amosando a súa disposición a colaborar.

Así, o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez Cortiñas, poñíase en contacto coa FEMP para comunicarlle que dende este Concello “estamos dispostos a colaborar na acollida das persoas que se encontran a bordo do Aquarius. Para iso poñémonos á disposición da FEMP para o que estime necesario e na forma que crean máis conveninte”.

Artigos relacionados

Back to top button