OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense entregará 236.000 euros en axudas para libros, material escolar e comedores

A relación de persoas con acceso a estas axudas está publicada no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web

 

O Concello vén de resolver a convocatoria para a concesión de subvencións en especie para libros de texto, material escolar e comedores escolares da cidade de Ourense, correspondentes ao curso 2020/ 2021. Así dende a Concellería de Política Social destínanse 220.025 euros ás axudas para comedores escolares, e 15.780 euros para as axudas de libros de texto e material escolar.

Desde a concellería afirman que as axudas chegarán a todas aquelas familias que cumpran os requisitos, un total de 337 no caso dos comedores, e 144 para material escolar e libros de texto. Ábrese agora un prazo de 10 días para que as persoas beneficiarias acepten ou rexeiten a axuda. De non producirse unha manifestación expresa, entenderase aceptada tacitamente.

Entre os criterios para a denegación destas axudas están o de superar os 3.500 € de renda per cápita anual, non estar empadroados no concello de Ourense con tres meses mínimos de antigüidade no mesmo domicilio, non estar escolarizados en centros de ensino públicos ou concertados do concello de Ourense, ou non entregar a solicitude ou os diferentes requirimentos realizados desde a Concellería de Política Social en prazo.

A relación de persoas con acceso a estas axudas pódese consultar nos seguintes lugares: nas dependencias da Concellería de Política Social, na rúa Bispo Carrascosa nº 8; no taboleiro de editos do Concello de Ourense; e na páxina web do Concello de Ourense:

Artigos relacionados

Back to top button