OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense mobiliza tres millóns de euros para acometer varias reformas na cidade

O orzamento destinarase ao mantemento da rede de semáforos, á praza de Abastos e á mellora de edificios e dotacións municipais

Exterior do Concello de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Ourense liberou hoxe, 23 de xullo, unha cantidade de 3 millóns de euros a través de dous expedientes da modificación de créditos para acometer reformas na cidade. O diñeiro servirá, entre outros aspectos, para actualizar o contrato do mantemento semafórico (cun coste de 1,1 millóns de euros), para o acondicionamento e mellora dos edficios municipais (734.294€) e para un plan de informatización que renove os equipos de traballo do persoal do Concello (672.825€).

O primer expediente de modificación de créditos (9P/2020) será para a contratación do mantemento da rede de semáforos, gastos da reforma da praza de abastos, accións de promoción de comercio ou diversos estudos técnicos. O segundo, (8P/2020) adicarase ao acondicionamento e mellora de edificios municipais, traballos informáticos ou gastos xeráis. As modificacións deberán ratificarse no vindeiro pleno.

Ademáis, a Xunta de Goberno tamén tratou outros aspectos: concesión de licenzas, obras, requerimento de pagos particulares, ou contratos. Tamén aprobáronse tres convocatorias de axudas no ámbito de política social, participación cidadá e cultura.

Artigos relacionados

Back to top button