OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense recibe á comunidade senegalesa, coincidindo coa visita do Serigne Mame Mor Mbacke

Recibiunos o concelleiro de Recursos Humanos do Concello de Ourense e vicepresidente segundo da Deputación, Armando Ojea

 

O concelleiro de Recursos Humanos do Concello de Ourense e vicepresidente segundo da Deputación, Armando Ojea, recibiu na Casa do Concello a unha delegación da comunidade senegalesa da cidade. Esta recepción coincide coa visita do Serigne (equivalente ao Papa da comunidade católica apostólica romana do Muridismo, a vertente do Islam en Senegal) Mame Mor Mbacke.

 

 

A delegación amosou o seu respecto polas leis e polos costumes do lugar de acollida, pero tamén o seu desexo de involucrarse activamente na vida social e cultural da cidade “fomentando sempre os valores da paz, da educación e da cultura”.

Artigos relacionados

Back to top button