ConcellosÚltima hora

O Concello de Parada de Sil mellora o acceso a fincas adicadas a gandería

Esta actuación, que se levará a cabo na zona “A Montaña”, está incluída no Plan Marco deste ano
Explanación feita para esta actuación./ Foto: Concello de Parada de Sil.

Continúan as actuación para mellorar o acceso a fincas agrícolas e gandeiras en Parada de Sil. No Plan Marco deste ano o Concello vén de incluír proxecto na zona denominada A Montaña. “Aquí había un camiño de carro tradicional entre Pradomao e Senra, camiño polo que os agricultores ían cos carros e co gando, pero que hoxe xa non satisfacía as necesidades ao ser intransitables para a nova maquinaria agrícola. O novo acceso contará cun ancho de 3 metros nun pequeno tramo e logo en perto de 2 quilómetros o ancho será de 4 metros”, explican dende o Concello de Parada de Sil.

Nesta zona quedan ganderías de vacas importantes, por iso dende esta administración local decidiuse acometer esta obra “incorporándoa ao Plan Marco, que aporta 40.701,88 euros, achegando o Concello de fondos propios 8.547,57 euros. Ademais buscouse e obtívose a colaboración da Deputación para poder executar máis obra ao facer ésta o parte de maquinaria para levar a cabo a explanación pagando o Concello o combustible utilizado”, segundo o Concello de Parada de Sil, que tamén se fai cargo dos custes de redacción do proxecto, do control de calidade e cartelería cun custe aproximado de 3.000 euros, polo que a aportación municipal ronda os 12.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button