ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil pon en marcha o Plan Concilia Verán

 

Arranca o Plan Concilia Verán en Parada de Sil. “Na preocupación constante que ten o Concello de para satisfacer as necesidades que van aparecendo a medida do aumento de postos de traballo sobre todo vinculados directa ou indirectamente ao turismo, ponse en marcha dende o 3 de xullo dous espazos para que as familias poidan deixar os nenos”, adiantan dende o grupo de goberno municipal.

Por unha banda, no centro de lecer de nenos, e en horario de 10 da mañán a 18 do serán, os cativos de o a 3 anos poderán desfrutar da compaña doutros nenos coa atención dunha titora que lles fará xogos e outras actividades de entretemento.

 

 

Ademais, na sala de usos múltiples do Concello os rapaces de 3 a 16 anos participarán nun campamento de verán no que realizarán actividades lúdicas e de aprendizaxe como manualidades, saídas para coñecer o concello e xogos tamén o aire libre. O horario apra este grupo será de 10h. a 14h. pero a partir de esa hora poderán incorporarse ó centro de nenos onde poderán xantar e continuar con actividades ata as 18hs.

Ambas actividades están organizadas polo Concello de Parada de Sil en colaboración coa ONG Valores que aportará os monitores. O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, amosa a súa satisfacción polo feito de pode levar a cabo estae programa que se incrementará con outras actividades centro do programa “Ler conta moito”, que se anunciarán de maneira inmediata xunto coa programación cultural do verán.

Artigos relacionados

Back to top button