CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Parada de Sil presenta o seu amplo e variado “Verán cultural”

 

Cunha ampla e variada oferta de propostas preséntase o programa de verán do Concello de Parada de Sil. As actividades, entre as que se inclúe teatro, circo, música e artesanía, comezarán mañá 16 de xullo cun contacontos-concerto a cargo da “Banda de Verán”. Será ás 18h. no salón multiusos do Concello e terá aforo limitado.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, amosa a sua satisfacción por “poder ofertar á veciñanza un programa, que entendo que será do gusto da xente pola súa variedade e calidade”.
Os actos prolongaranse ata finais de setembro cos dous concertos organizados por Ecos da Pedra en colaboración co Concello no programa ALMA, (Arte,Legado e Medio Ambiente).

Ademais este ano por primeira vez o Concello oferta un campamento de verán de 9 a 14h. para alumnado de Primaria nos meses de xullo e agosto, e mantén aberto para rapaces de 6 anos o centro de atención a nenos tamén por primeira vez, feito que para o alcalde “é moi importante na medida que axuda a conciliación da vida familiar e laboral”.

 

Artigos relacionados

Back to top button