ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil súmase un ano máis á celebración do Día Internacional da Muller

Alba de Vales.

 

O Concello de Parada de Sil sumase a celebración do día internacional da muller con dúas actividades importantes. En primeiro lugar o sábado 9 de marzo, “para posibilitar a asistencia de xente que vive en Parada de Sil a fin de semana, no salón de usos múltiples do concello farase unha homaxe á muller con acepcións concretas ás mulleres rurais, ás nais, ás emprendedoras, ás xoves e ás cativas. Presentarase un power point con imaxes e un breve texto de cada un dos grupos de mulleres e os cativos farán a lectura de frases e poemas referentes a cada grupo de mulleres”, segundo Leticia Rodríguez, presidenta da Anpa Os Noviños e colaboradora imprescindible na organización deste acto, adiantando a frase que se lerá coa proxección correspondente ás mulleres mozas: “Nunca sexas prisioneira do teu pasado senón arquitecta do teu futuro”, e “Se con tacóns vistes máis alta con amor propio veraste inmensa”.

 

 

Segundo avanza o alcalde de Parada, Aquilino Domínguez, un grupo de mulleres decorarán o salón de usos múltiples para a celebración do evento e construirase un puzle que ao seu remate amosará un corazón, símbolo de amor e unidade e finalmente entregarase ás asistentes un detalle como “recordo e como estímulo para que sigan a loitar polos seus dereitos e as persoas presentes poderán degustar un chocolate con bica de Parada”, puntualiza Leticia.

Dada a enorme dificultade de desprazamento das mulleres usuarias do Xeriátrico Luces do Sil, “o alcalde levará ao centro á actriz Alba de Vales un día da próxima semana para que esas mulleres, ás que se quere agradecer o enorme esforzo que fixeron durante toda a súa vida, tamén poidan desfrutar do día”, din dende o Concello. Alba levará o espectáculo Contos Arredor de Nós, unha narración oral de contos e cantos sobre as loitas pola igualdade de xénero, narracións e cantigas populares. Afirma Alba que “no tema da violencia de xénero, a pesar do longo camiño recorrido, aínda aínda hai motivos para se enfadar, e par non calar”.

Artigos relacionados

Back to top button