ConcellosÚltima hora

O Concello de Petín recibirá unha axuda de 48.000 euros para o arranxo da rúa Santiago

Manuel Baltar e Miguel Bautista asinaron un convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello

O alcalde de Petín Miguel Bautista e o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar, asinaban na mañá do 16 de xaneiro, un convenio de colaboración para o arranxo da rúa Santiago, no municipio valdeorrés. Este acordo, polo cal a Deputación destina unha axuda de 48.000 euros, fará realidade “esta actuación solicitada por Miguel Bautista, que está recollida nos orzamentos do 2019 aprobados no mes de setembro”, explicou Baltar.

O alcalde de Petín aproveitou o encontro para entregarlle, ao presidente do ente provincial, a publicación Antoloxía: Vide, Paisaxe, Fala de Florencio Delgado Gurriarán, unha obra que vén de ser reeditada no marco das actividades do programa As Letras de Florencio en homenaxe a “unha figura tan senlleira das nosas Letras”, dixo o presidente do goberno provincial que colabora co proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button