EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello de Quiroga convoca un concurso de decoración de Nadal

Premiarase o deseño, a orixinalidade e a estética coa que se decoren as partes das vivendas ou establecementos que poidan verse dende a rúa

 

Malia a incertidume sobre as festas debido á pandemia, decorar as fachadas das vivendas e os escaparates pode ter premio en Quiroga. Este ano o Concello retoma o concurso de decoración de Nadal co que premiará o deseño, a orixinalidade e a estética coa que se decoren aquelas partes das vivendas ou establecementos que poidan verse dende a rúa.

“Ata 100 euros en vales para gastar no comercio local pode recibir o gañador do concurso para o que será preciso inscribirse antes do 14 de decembro na Casa da Cultura. O único requisito que deberán cumprir os participantes é que a decoración permaneza dende o 15 de decembro ata o 6 de xaneiro”, explican dende o Concello, asegurando que con esta iniciativa o que pretenden é “animar a que particulares e establecementos contribúan a dar máis vistosidade á época de Nadal, á vez que se axuda ao comercio local incentivando as compras”.

O concurso ten dúas categorías, unha para os establecementos da vila e a outra para as vivendas. En cada unha delas elixiranse tres gañadores que recibirán 100, 75 e 50 euros en vales para gastar no comercio local. A decisión do xurado darase a coñecer o día 5 de xaneiro.

Artigos relacionados

Back to top button