ConcellosQuirogaÚltima hora

O Concello de Quiroga lanza un plan de axudas a autónomos e empresarios

Fachada da Casa do Concello de Quiroga.

 

Dende o Concello de Quiroga vén de anunciarse a posta en marcha do I Plan de Axudas as persoas traballadoras autónomas e empresarios de Quiroga afectados pola crise da COVID-19 e que tiveron que pechar os seus negocios e empresas con motivo das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia e que entraron en vigor o día 27 de xaneiro.

“Este primeiro plan non será para dar senón para non cobrar o recibo de auga, lixo… deste primeiro trimestre do ano 2021 as empresas e autónomos que tiveron os seus negocios pechados. A medida que se vaian pronunciando as actuacións que van levar a cabo as demais administracións: Xunta, Deputación e resto de concellos, o Concello de Quiroga elaborará o seu II plan de axudas, para non solapar unhas axudas coas outras”, segundo se informa dende esta administración local.

As persoas interesadas en acollerse a este plan deberán poñerse en contacto co Concello de Quiroga, dende o 1 ao 10 de marzo de 2021, mediante unha chamada telefónica o número 982428001, ou vén acudir ás oficinas municipais ou solicitalo a través da sede electrónica do concello de Quiroga: https://concellodequiroga.sedelectronica.es presentando unha solicitude xenérica.

Así mesmo, o Concello de Quiroga sinala que tamén se vai aplicar unha axuda aos vendedores de venda ambulante e pulpeiras que habitualmente acoden á feira e mercado os días 10 e 27 de cada mes. Na feira do día 27 de febreiro, e do 10 e 27 de marzo non se vai cobrar a taxa de venda ambulante aos postos e as pulpeiras, segundo o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button