
Comeza a conta atrás para a Pasarela de Moda do Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco. O evento, que mostrará as novidades no sector téxtil e complementos dos comercios asociados, terá lugar o sábado 27 de abril e hoxe luns, 18 de marzo, ábrese o prazo para inscribirse como modelo.
Tal como avanzan dende a asociación “poderá anotarse calquera adulto, que queira converterse en modelo por un día”. As inscricións realizaranse na oficina do CCA O Barco na Avda. de Galicia, 32 – niño nº 1 ou na Autoescola Valdeorras na praza Maior do Barco. O prazo para inscribirse finaliza o día 1 de abril.