ConcellosÚltima hora

O Concello de Quiroga renova o mobiliario da rúa Real

O proxecto inclúe o cambio dos colectores de lixo, papeleiras, bancos e xardineiras
Rúa Real en Quiroga.

Quiroga está mudando a imaxe. Cunha partida de 65.000 euros, o Concello está levando a cabo a renovación do mobiliario na vila lucense. Na primeira fase do proxecto comezouse polo cambio dos colectores de lixo situados na rúa Real e agora trabállase no cambio de papeleiras, bancos e xardineiras.

Tal como informan dende o Concello, no mes de xaneiro colocáronse os novos colectores de lixo. “Os de papel e vidrio teñen un novo diseño, moito máis moderno que os anteriores. Os demais serán prácticamente iguais, pero nunha vindeira fase do proxecto, taparanse con cubrecolectores de poliuretano imitando madeira”.

Unha nova fase do proxecto inclúe o cambio as papeleiras, traballo co que se rematará nesta semana; e ao longo da vindeira semana tamén se cambiarán as xardineiras e os bancos. Esta nova fase do proxecto inclúe ademais o cambio da varanda no cruce entre a Rúa Real e a travesía do Courel que se sustituirá por xardineiras de madeira, así como a reconstrucción dos pasos de peóns elevados de toda a vila, incluídos os da travería da Ribeira.

 

Artigos relacionados

Back to top button