ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de Río anuncia a instalación en marzo de 22 km de fibra óptica no municipio

Imaxe da instalación no 2019 da primeira fibra óptica na capitalidade de San Xoán de Río./ Foto cedida.

 

Actualmente só os veciños da capitalidade do municipio de San Xoán de Río teñen acceso ao servizo de fibra óptica, pero dende o Concello apóstase, a través de diversas actuacións, por estender este servizo ao resto dos núcleos de poboación.

“Se a finais de 2019 chegou fisicamente a fibra óptica ó concello de San Xoán de Río e a comezos de 2020 comezaron os primeiros veciños de San Xoán de Río a desfrutar deste servizo, dende o Concello entendemos que cada un dos nosos veciños ten exactamente os mesmos dereitos, viva na capital ou en calquera dos 59 pobos que conforman o noso municipio”, asegura o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez.

Nesa liña de traballo para romper a fenda dixital, o rexedor vén de anunciar que no vindeiro mes marzo comezará a instalación de “máis de 22 quilómetros de fibra óptica dende a capitalidade de Río ata os seguintes pobos (seguiremos loitando ata chegar ata todos): Acevido, As Ribadas, Seoane, O Xunquedo, Castromao, Cima de Vila, Sabugueiro de Abaixo, Val de Miotos, Cerdeira, Arboiro, Medos, Cerniza, Domecello, Mouruás e Pacios de San Xurxo”.

Artigos relacionados

Back to top button