En portadaÚltima hora

O Concello de Río e a súa residencia de maiores promoven unha iniciativa para que ninguén pase o Nadal só

Residencia da terceira idade de San Xoán de Río./ Foto cedida.

 

Buscando que ningunha persoa pase unhas datas de Nadal soa no municipio de San Xoán de Río, o seu Concello en colaboración coa residencia de maiores veñen de promover unha singular iniciativa nestas festas.

“Tendo constancia de que no noso Concello existen persoas que viven soas e non teñen familiares directos que poidan acompañalos nestas datas, dende o Concello de San Xoán de Río, en colaboración coa residencia San Xoán, animamos as persoas que así o desexen e, de maneira gratuíta, a desfrutar de cea, aloxamento e xantar o día seguinte na Residencia San Xoán”, tal e como informa o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Tres son as datas nas que funcionará este programa:

1º 24/25 de decembro (Noiteboa-Nadal): Cea de Noiteboa, aloxamento e xantar de Nadal.
2º 31 de decembro/1 de xaneiro (Fin de ano-Aninovo): Cea de Fin de ano, aloxamento e xantar de Aninovo.
3º 5/6 de xaneiro (Reis): Cea de Reis, aloxamento e xantar de Reis.

 

Artigos relacionados

Back to top button