ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de Río, no 1º encontro virtual da Rede Internacional dos Pobos que Aprenden

Está formada por administracións públicas, asociacións ou partners para traballar conxuntamente en solucións para concellos de menos de 5.000 habitantes con problemas demográficos

Vista de San Xoán de Río.

 

O primeiro encontro virtual da Learning Villages International Network-LVIN (Rede Internacional de Pobos que Aprenden)  celebrábase este mércores. Nela participaba o Concello de San Xoán de Río. Esta rede aberta “está formada por administracións públicas, asociacións ou partners para traballar conxuntamente en solucións para concellos de menos de 5.000 habitantes con problemas demográficos, como é o caso de San Xoán de Río”, explica o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez.

Os obxectivos desta rede son “compartir recursos educativos, oportunidades, principios e metodoloxías estratéxicas para o desenvolvemento rural e a dinamización cultural”, engade o rexedor. Actualmente nesta iniciativa participan entidades e concellos de 8 países diferentes: España, Portugal, Italia, Alemaña, Grecia, Eslovaquia, Serbia e Romanía.

Trala primeira reunión comezan 2 meses de traballo en común que darán paso a unha segunda videoconferencia no mes de febreiro de 2022. “No mes de abril ten previsto celebrarse o primeiro gran acto presencial desta rede na Universidade de Estremadura en Cáceres. Serán unhas xornadas que terán unha duración de 3 días”, indica Xosé Miguel Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button