ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de Río presenta candidatura ao Peer-learning Programme 2021-2022

Pretende ser un dos 51 concellos europeos que participarán neste programa para afrontar retos no clima e a enerxía

 

San Xoán de Río dá un novo paso na súa aposta contra o cambio climático. Nese senso, vén de presentar candidatura ao Peer-learning Programme 2021-2022, para ser un dos 51 concellos europeos que participarán neste programa para afrontar retos no clima e a enerxía.

“De ser un dos concellos aceptados, expertos seleccionados pola Unión Europea virían estudar as nosas propostas a San Xoán de Río, para melloralas e buscar investimentos para levalas a cabo e intercambiariamos coñecementos con outros concellos europeos coa mesma problemática que o noso”, explica o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez, que insiste en que “queremos para San Xoán de Río é o modelo de éxito implantado nas Highlands de Escocia. Eles comezaron en 1965 o seu proxecto e nós en 2019, aínda que os fins son os mesmos, as formas de facelo 50 anos despois toca actualizalas. Por eso presentamos candidatura”.

Este proxecto, engade o rexedor, permitirá “intercambiar ideas sobre como adaptarse ao cambio climático a través de solucións baseadas na natureza”, ademais de “aprender a co-crear un pacto climático con cidadáns e empresas ou a desenvolver unha estratexia de neutralidade climática”, e “escoitar a expertos sobre como solicitar con éxito oportunidades de financiamento competitivas” Finalmente a iniciativa fará posible “obter comentarios e consellos á medida sobre os seus plans de adaptación ao clima e á enerxía sostible (SECAP)”.

Artigos relacionados

Back to top button