ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Concello de Sober remata as obras na contorna da capela de Mer

Ademais o goberno local ten previsto finalizar en breve outra actuación na Pena de Proendos

As obras de humanización de espazos públicos no rural que estaba a realizar o Concello de Sober na contorna da capela do lugar de Mer (na parroquia de Proendos) veñen de concluír. Esta intervención (con cargo á Area de Rehabilitación Integral, ARI) incluía a renovación do pavimento do entorno da capela con adoquín e a construción das escaleiras e da rampla de acceso.

Ademais reconstruíuse o muro de cantería que bordea o recinto da igrexa, colocouse mobiliario urbano, instaláronse luminarias de baixa contaminación e unha xardineira de cantería. A obra foi financiada nun 60% polo goberno local en nun 40% polo Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Nos vindeiros días o Concello de Sober rematará a execución de obras similares de adecuación do espazo urbano na Pena de Proendos e prevese, tal e como avanza o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián; que nos próximos meses se realicen melloras na Praza da Igrexa de Bolmente e no Barrio de Outeiro. Todas estas actuacións son acometidas por empresas locais. “Estas obras confirman o interese, a preocupación e a aposta do equipo de goberno polo rural e pola mellora de todos os núcleos de Sober”, asegura o alcalde.

Nesta galería de fotos pode verse unha imaxe da capela da parroquia de Mer en obras, así como o resultado unha vez finalizada a intervención. Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button