Na noite do 20 de setembro a fachada do Concello da Pobra de Trives iluminábase cunha luz violeta. Deste xeito esta administración local amosaba o seu respaldo á convocatoria a nivel estatal de SOS emerxencia feminista: A noite será violeta.
“A violencia contra as mulleres tamén é un problema do noso Concello e as mulleres que a sofren deben saber que poñemos todo o noso esforzo en apoialas e axudalas. Non deixaremos de reivindicar que a loita contra a violencia de xénero sexa un asunto de Estado que precisa dunha actuación urxente e valente por parte das súas institucións”, asegura a concelleira de Igualdade de Trives, Cristina Paz.
Fotos cedidas.