ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives comezará en breve as obras do Miradoiro das Penas de Rome

O proxecto realizarase cunha subvención de Turismo de Galicia

O deseño do miradoiro conta con todos os dereitos reservados. /Foto: Concello de Trives.

 

Partindo do importante patrimonio de fauna e flora, destacado a nivel biolóxico e paisaxístico “que debemos protexer e potenciar pero tamén amosalo ao mundo”, segundo explican dende o Concello, A Pobra de Trives ten previsto levar a cabo un ambicioso plan de acción “dentro do cal de inmediato executaremos un miradoiro ao carón de Penas de Rome que levará o seu nome”, indican.

Trátase dunha obra que comenzará nas vindeiras datas, nun lugar de fácil acceso dende a estrada a un balcón natural con vistas á formación rochosa na montaña sobre o Barranco do Navea e que conta tamén con vistas “a un val encaixado entre montañas de lousa e cuarcita formado principalmente pola erosión da auga nas pedras e con bosques de castiñeiros de máis de 200 anos de vida e, ao fondo, o río Navea, representativo da montaña húmeda silícea, dun sinuoso trazado entre a natureza virxe e un cauce notable e rocoso determinado pola orografía e a alternancia de cuarcitas, areniscas e pizarra amosando o seu gran poder erosivo e un grado de naturalidade moi alta”, explican dende o Concello, destacando que este miradoiro “vén a por en valor toda esa riqueza paisaxística e natural que debe preservarse pero tamén servir de fiestra para contemplar a nosa extraordinaria riqueza”.

Tal como avanzan dende o Concello, o deseño escollido para o miradoiro é representativo da contorna, formado por plataformas hexagonais propias dos característicos paneis de abellas, “pois precisamente o pobo de Navea, conta cunha gran tradición apícola polo que constitúe un guiño ás excelentes cualidades de esta zona para a m producción de mel de gran calidade debido precisamente á riqueza de axentes naturais, nomeadamente a biodiversidade bioloxica”
A obra realizarase cunha subvención de Turismo de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button