ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives declara un día de loito oficial polo pasamento de Amaranto De Prado Fernández

Don Amaranto De Prado Fernández.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de ditar un Decreto ante o falecemento no día de hoxe, 12 de marzo de 2024, de “Don Amaranto De Prado Fernández, que veu como médico ao Centro de Saúde no ano 1980 e quedou a vivir na nosa vila para sempre, sendo xa trivés de corazón”.

“Exerceu a súa profesión coa entrega e empatía que son inherentes ás persoas cabais e honradas. Nas súas mans puxemos as nosas cuitas de saúde e outras tantas persoais porque confiabamos no seu bo facer e na súa humanidade. Por iso sentimos con tanta pena a súa marcha e acompañamos con todo o noso agarimo á súa familia, parte tamén da veciñanza trivesa, pois nunca se desligaron de Trives, onde sempre sentirán querido”, din dende o Concello.

En base ao cal resolvían ditar o seguinte Decreto:

PRIMEIRO. Declarar un día de loito oficial no municipio da Pobra de Trives desde as 20,00 horas do día de hoxe, 12 de marzo de 2024 ata as 20,00 horas do día 13 de marzo de 2024, durante os cales as bandeiras, situadas no exterior de todos os edificios municipais, ondearán a medio mastro como sinal de loito. SEGUNDO. Suspender todos os actos públicos oficiais, organizados polo Concello da Pobra de Trives, durante o tempo decretado como loito oficial.
TERCEIRO. Mostrar as nosas sinceras condolencias aos familiares de Don Amaranto De Prado Fernández. CUARTO. Dar traslado do presente Decreto a todos os servizos municipais.

 

Bandeiras a media asta no Conello de Trives.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button