ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives homenaxerá esta noite aos ‘Almendros’, referentes da bica trivesa

Francisco García, da familia dos ‘Almendros’, na Festa da Bica de 2018 da que foi pregoeiro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Hoxe é un día grande na Pobra de Trives que celebra a Festa da Bica, por primeira vez co recoñecemento de Interese Turístico Galego. Por iso nada mellor que escoller a un artesán da bica, Antonio Caneda, que rexenta a panadería activa máis veterana na vila para ler o  pregón.

Pero os actos destacados do día non quedan aí e será outro referente da Bica de Trives, os “Almendros” os que reciban esta noite unha merecida e sentida homenaxe. A panedería Almendro creouse a finais dos anos vinte e tivo actividade durante dúas xeracións ata que o 31 de decembro de 1993 pechou as súas portas, tal como explicaba Francisco García Sánchez no pregón que el mesmo daba na Festa da Bica de 2018.

Francisco (historiador natural de Trives) é fillo de Pura Sánchez e Paco García que rexentaron a panadería Almendro nos últimos tempos (Paco xa entrara no negocio familiar de mozo e seguiu tras casar) deixando a súa pegada en cada bica. El falecía hai dous anos e ela hai só uns meses, polo que a homenaxe que recibirán esta noite estará cargada de sentimento e emoción. Será ás 22 horas, antes do concerto que Guadi Galego dará para todos os triveses.

Artigos relacionados

Back to top button