DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Concello de Trives premia aos nenos das Escolas Deportivas Municipais

Esta ten sido unha tempada moi positiva para os nenos e nenas das Escolas Deportivas Municipais de Trives. En recoñemento ao seu esforzo e traballo dende o Concello de Trives entregabánselle unha serie de distincións da man da súa alcaldesa, Patricia Domínguez, e tamén do concelliro Miguel Sierra Fernández na tarde do 21 de xuño.

A cada neno dabáselle un trofeo e unha foto de recordo desta gran tempada. “Noraboa a todos eles polos esforzos que fan e por superarse cada ano máis, noraboa e grazas tamén aos pais e nais pola implicación en cada adestramento e en cada unha das probas nas que os cativos asisten e, por suposto, ao seu adestrador Tino Sierra pola implicación que ten e por toda esa enerxía e positividade que trasmite aos rapaces ademáis das boas marcas acadadas”, destacan dende o Concello de Trives.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button