
Neste mércores o Concello de Trives vén de publicar un bando no que se anuncia o inicio dunha “recollida de enseres, roupa, medicamentos e comida para atender ao estado de emerxencia que está a sufrir Ucraína”. En concreto, o Concello recollerá alimentos non perecedoiros, medicamentos, roupa de abrigo, material de cura, produtos de aseo e hixiene persoal, etc.
Debido á “urxente necesidade de facer chegar canto antes os produtos a destino esta primeira campaña iníciase hoxe e finalizará o 10 de marzo. Establécese como punto de recollida o baixo da Casa do Concello (parte nova)”.
Neste bando, asinado pola alcaldesa de Trives, Patricia Barja; tamén se amosa o desexo de paz do Concello para a Ucraína, “a humanidade debe impoñerse ao horror da guerra”.