ConcellosÚltima hora

O Concello de Verín forma a socorristas en instalacións acuáticas

Nos cursos, celebrados a finais de xuño participaron unha vintena de mozos
Os mozos que participaron nos cursos impartidos en Verín.

Unha vintena de mozos participaron a finais de xuño, nos dous cursos de socorrismo en instalacións acuáticas organizados polo Concello de Verín, que contan coa homologación da Administración autonómica.

Foi o departamento de Persoal e Formación do Concello de Verín, encabezado pola concelleira Rosario Rodríguez, quen impulsou esta titulación co obxectivo de “solucionar o problema da escaseza de socorristas titulados na comarca”. Os cursos pertencen ao Plan AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregados.) e homologáronse no ano 2017 nas instalación do Pavillón e da Piscina Municipal do Concello de Verín para poder impartilos de forma totalmente gratuíta e sendo destinados a persoas desempregadas.

A certificación de Socorrismo en Instalacións acuáticas tramítase e obtense automaticamente unha vez finalizado o período de prácticas e ao ter todos os módulos do curso aprobados. Así, un total de 20 alumnos conseguiron obter a titulación e poder acceder ao mercado laboral.

Artigos relacionados

Back to top button