ConcellosÚltima hora

O Concello de Viana anuncia a reapertura de oficinas e instalacións municipais

Esta medida, que se aplicará a partir do 18 de maio, vén de darse a coñecer a través dun bando municipal asinado polo alcalde

 

A través dun bando o Concello de Viana do Bolo vén de dar a coñecer unha resolución da alcaldía relativa á reapertura de edificios e instalacións municipais a partir de mañá luns 18 de maio. Así na resolución o alcalde vianés, Secundino Fernández, a “reapertura das Oficinas Administrativas do Concello para a atención presencial ó público, exclusivamente para a realización de trámites ante o Rexistro, e previa concertación de cita no teléfono 988 340 120”.

Neste senso, matízase que “deberán respectarse, en todo caso, as medidas de prevención e hixiene, mantendo unha distancia de seguridade de 2 metros, se ben recoméndase o uso de máscara protectora. As usuarias e usuarios terán a súa disposición xeles hidroalcóholicos para a desinfección de mans, así como máscaras cirúrxicas no caso de non dispor dunha propia”.

Tamén se ordea a “reapertura das Oficinas dos Servizos Sociais do Concello para a atención presencial, suxeita, en todo caso, a concertación de cita previa no teléfono 988 329 260, respectando igualmente as medidas sinaladas no ordinal anterior”.

Así mesmo o bando refírese á “reapertura da Biblioteca Pública Municipal para actividades de préstamo e devolución de obras a partires do vindeiro luns, 18 de maio”, se ben a “atención requirirá a solicitude de cita previa no teléfono 988 329 168”.

Tamén se reabrirán  as “pistas de tenis e pádel sitas no complexo das piscinas municipais, exclusivamente para a práctica de deportes sen contacto con terceiros e mantendo as debidas medidas de seguridade e protección contidas na citada Orde. Deberá concertarse cita previa nas canles habituais, e respectar a quenda que sexa asignada”.

O bando do Concello de Viana do Bolo pode consultarse aquí:

Bando apertura oficinas administrativas

 

Artigos relacionados

Back to top button