ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana do Bolo confirma 25 positivos por Covid

 

Dende o Concello de Viana do vén de publicarse un bando explicando a situación sanitaria na que se atopa este municipio con relación á pandemia do Covid-19, indicando que se rexistran un total de 25 positivos, segundo os datos comunicados a esta administración local polo Servizo Galego de Saúde. Son 3 casos máis que os comunicados no anterior bando, o 30 de outubro.

“Dende o Sergas comunícase que o Concello de Viana do Bolo sitúase no Nivel 2 de alerta epidemiolóxica, e que as restricións anunciadas no día de hoxe polo presidente da Xunta de Galicia non nos resultan de aplicación. Porén, é necesario manter as medidas de protección habituais: uso de máscara, lavado frecuente de mans, e distancia de seguridade; así como limitar ao máximo as reunións familiares e sociais, que continúan restrinxidas a un máximo de 5 persoas. Ademáis, continúan en vigor as limitacións á mobilidade en horario nocturno, de 23:00 a 6:00 horas”, lembra o alcalde vianés, Abelardo Carballo.

Artigos relacionados

Back to top button