A través dun bando informativo, emitido neste luns 25 de xaneiro, o Concello de Viana do Bolo vén de comunicar, segundo os datos que lle remitiu o Sergas, a existencia de 4 casos activos de Covid-19 neste municipio.
“Nesta situación, lémbrase a importancia de respectar todas as medidas e restricións establecidas polas autoridades competentes, especialmente o uso de máscara, o mantemento da distancia social e a hixiene axeitada de mans”, tal e como sinala o alcalde de Viana, Abelardo Carballo, no bando.