ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana lanza unha campaña de apoio ao comercio local no Nadal

 

Buscando concienciar á veciñanza da importancia de mercar nos establecementos comerciais locais, o Concello de Viana do Bolo lanzará novamente este Nadal unha campaña de apoio ao comercio local. Esta iniciativa comezará o 7 de decembro e durará ata o 6 de xaneiro.

A campaña consistirá no sorteo de 3 vales de compra para trocar nos establecementos participantes. “Os establecementos adheridos á campaña recibirán rifas que entregarán aos clientes que realizan gastos no seu negocio. Por cada 20 euros de gasto, concederase unha rifa para participar no sorteo de premios: un primeiro cun vale de 150 €, un segundo premio cun vale de 100 € e un terceiro premio cun vale de 50 €”, tal e como se informa dende o Concello de Viana do Bolo. O sorteo está previsto para o 11 de xaneiro.

Por outra banda, organizarase un concurso de decoración de escaparates de Nadal, no que se establecen dous premios: un primeiro premio de 200 € e un segundo de 100€.

Nesta campaña de Nadal poderán participar “todas as persoas físicas ou xurídicas cuxas actividades comerciais se consideren incluídas no tema da campaña e teñan o seu establecemento ou empresa en Viana do Bolo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button