
De cara ao inicio do novo curso, o Concello de Viana do Bolo vén de poñer en marcha, un ano máis, as súas Escolas Deportivas e Musicais Municipais.
As materias deportivas ofertadas amplíanse como tamén o fan o número de horas semanais ás que os menores poden asistir. Predeporte, Baloncesto, Fútbol e Patinaxe-danza son as actividades nas que poderán participar os rapaces do municipio de Viana do Bolo e dos concellos limítrofes.
Por outra banda, as escolas musicais continúan coma o ano pasado ofertándose tanto a persoas adultas como a nenos/as a partir de 1º de primaria. Gaita, percusión, guitarra e solfeo son as modalidades musicais ofertadas neste curso 2022- 2023.