ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana promove a educación medioambiental entre os máis novos

Nesta semana impartíanse obradoiros no IES Carlos Casares que terán continuidade nos próximos días no CEIP Bibei

Publicidade

 

Nesta semana veñen de iniciarse os “Obradoiros de Educación Medioambiental” nos centros educativos de Viana do Bolo. As primeiras experiencias veñen de levarse a cabo o 12 de abril e este venres día 16 no IES Carlos Casares para os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, e, xa a finais deste mes de abril e comezos de maio, esta iniciativa chegará ao alumnado do CEIP Bibei.

Dende o Concello de Viana “consideramos primordial impulsar e promocionar a educación ambiental dos nosos cativos e cativas e dos nosos adolescentes, fomentando neles uns valores de respecto e coidado do medio ambiente que lles rodea, e así promover o desenvolvemento sostible. O obxectivo primordial é Viana en Verde”, destaca a concelleira de Medio Ambiente, Carmen Conde.

Artigos relacionados

Back to top button