ConcellosÚltima horaVilamartín

O Concello de Vilamartín de Valdeorras confirma 11 casos de Covid no municipio

Fachada do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

 

O coronavirus non dá tregua na comarca de Valdeorras e, mentres uns concellos descenden no número de casos activos como O Barco ou A Rúa, outros seguen en lixeiro ascenso. É o caso de Vilamartín onde, segundo confirman dende o propio Concello, na xornada deste sábado 2 de xaneiro contan con 11 casos de Covid-19.

Con respecto aos novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días neste municipio valdeorrés, foron entre 1 e 9, aumentando a incidencia acumulada a >250.

Ante esta situación, dende a administración local piden extremar as precaucións. “Queremos rematar as festas con todos vos sans e sen problemas de saúde, pero o coronavirus non respecta festas e segue contaxiando”, aseguran.

 

Artigos relacionados

Back to top button